A Coruña, Galicia
Spain
entre Av. de Labañou y Ronda de Outeiro Tomás Fábregas Street since 11 November 2013
one name
Tomás Fábregas xa é historia viva na sua cidade natal
Por fin Tomas Fabregas, o Coruñes e activista na loita polos dereitos dos infectados polo VIH xa ten a súa rúa na sua cidade natal. Que dificil adoita ser que onde un nace recoñézaselle como merece.

Foi Jose Carlos Alonso, cando presidia o defunto “Milhomes» que nos falo de Tomás Fabregas. E logo desde o o grupo LGTB dos Socialistas de Coruña “7Cores» e desde A.L.A.S Coruña fixemos a petición ao concello, sendo alcalde o Socialista Javier Losada, para que concedese unha rúa a Tomás.

Fábregas emigró no 1979 a Estados Unidos para traballar, primeiro New York logo trasladar a San Francisco. Lugar onde escribiría unha páxina na historia dun país das liberdades que non o era tanto. Recoñecido activista polos dereitos do colectivo de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais (LGTB) americano e prácticamente descoñecido na súa terra, Fábregas pasou este luns a formar parte do callejero que por fin lle rende homenaxe.

Tomás Fábregas foi considerado pola Unesco un “cruzado» para que os seropositivos fosen tratados dignamente e que dirixiu con outros a Fundación Antisida de  San Francisco. Tamén axudo a derribar barreiras ao enfrontarse ao goberno de George Bush, que creou unha lei para impedir a entrada no país dos portadores do VIH estranxeiros.

O coruñés abriu o camiño do cambio e levouse o apoio de estrelas como Liz Taylor e a dedicatoria dun día en San Francisco. Que monento de emoción debio ser aquel de o aeroporto de “Os Angeles» cando Tomas chegaba dun congreso do VIH en Europa e declaro ser serpositivo. Mentres alén da aduana espéralles Lyz cun traxe vermello.

Fai uns anos o Tribunal Supremo de EEUU deulles a razón a Tomás e derrogo a lei que non permitia aos extrajeros seropositivo entrar en estados Unidos. Tomás non puido gozar desta vitoria, xa non estaba connosco. Como di Jose Carlos Alonso “esta é a rúa de moitas máis persoas porque nos deixamos a moitos mortos polo camiño».

Grazas a persoas como Tomás imos facendo un mundo mais igualitario e mellor.

Photo © LGTB 7 Cores

14 November 2013
LGTB 7 Cores, A Coruña